viernes, 3 de abril de 2020

UNHAS VACACIÓNS DIFERENTES

Estas serán seguramente as vacacións menos "desexadas" polos nosos alumnos/as xa que durante esta semana non van seguir unha rutina e unhas tarefas diarias que os mantiñan ocupados/as durante a mañá e porque non ás veces parte da tarde!

Deste o centro do que formo parte e do que estou enormemente orgullosa fixemos un vídeo para desexarvos moito ánimo e para dicirvos que o estades facendo xenial!

Moitos seguro que xa o vistedes porque foi a nosa pequena "despedida" de hoxe pero quería que quedase aquí tamén reflexado.


GRACIAS DE CORAZÓN A TOD@S! VÉMONOS MOI PRONTO!



2 DE ABRIL. DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O TEA

O día 2 de abril celébrase a nivel mundial o día mundial sobre o TEA, o Trastorno do Espectro Autista.

Déixovos un vídeo sobre o tema para que o poidades entender un pouquiño mellor e tamén un xogo para comprender o sistema pictográfico de representación lingüística.

A inclusión debe ser un prioridade e debemos adicarlle uns minutiños a poñernos nos zapatos de quen ten unha forma distinta de percibir a realidade.

Vístedes a serie The good goctor ? Nela o doutor Shawn ten que facer fronte aos problemas que se derivan de ser un médico con TEA.
Estas semanas de confinamento poden ser un bo momento para ver esta serie.






RULETA DE PALABRAS: ACCIDENTES XEOGRÁFICOS

Para repasar o relevo de España déixovos esta ruleta de palabras.

Espero que vos guste e vos resulte útil!!

jueves, 2 de abril de 2020

XOGO INTERACTIVO "QUEDAMOS NA CASA"

Hoxe déixovos un recurso de Amalia P. Otero. Un xogo interactivo para participar en familia ante a pantalla e movéndose pola casa (faise exercicio tamén). 



SOPA DE LETRAS EN GALEGO. AS EMOCIÓNS

Un moi bo recurso para pasar estes días son os pasatempos. Por iso hoxe vos deixo esta sopa de letras en galego da web educaplay na que debedes atopar EMOCIÓNS!

Espero que o pasedes moi ben xogando!





miércoles, 1 de abril de 2020

SACAPENAS OU COMO ESCORRENTAR OS MEDOS

Olga Rodríguez, directora do CEIP Milladoira de Malpica, fixo esta interesante actividade que parte dun álbum ben bonito: Sacapenas de Anthony Brown.
Segundo conta a lenda tradicional de Guatemala,  cando os nenos e nenas  teñen medos ou pesadelos, cóntanllelos aos seus pequenos bonecos sacapenas  antes de ir durmir. Despois, póñenos bixo da almofada e pola mañá, o temor desapareceu!
A  lenda explica que, a partir do momento en que o boneco recibe a confidencia, é el (ou ela) quen se fai cargo da preocupación e permite que a rapazada durma tranquilamente.
Os bonequiños son unha maneira lúdica de descargar as nosas penas e tamén de poder falar delas porque, para que funcione, temos que contarlles iso que nos dá medo, ou que nos preocupa.
Unha condición: o boneco ten que ser feito a man por ti ou por outra persoa.  Pequeniño, para que colla ben debaixo da almofada.
No libro que che propoñemos, o protagonista, Bieito, ten medo a unha chea de cousas e vive preocupado por case todo ata que a súa avoa lle agasalla un pequeno sacapenas.
Que importante aprender que os medos non manden en nós!

Queres fabricar un? Abondará con calquera material que teñades na casa: algunha tea, un resto de la… Un fermoso (e importante) traballo para facer en familia.
Aquí podedes ver algúns exemplos que fixeran os nenos e nenas do Milladoiro de Malpica para enviárllelos aos de Gaza hai uns anos: https://photos.app.goo.gl/Nu9AXSmQWKTNmhru6
O libro, escrito e ilustrado por Anthony Brown, é ben fermoso. Foi publicado pola Editorial Kalandraka e seguro, seguro que o poderedes atopar na biblioteca do teu cole.
De momento podedes ver un fragmento na páxina da editorial

Espero que vos gustase!!!